De 6 a 7 años

Lecturas. Ensalada de letras. 1 Primaria. Xerme.

20,36 

Envío gratis en compras superiores a 20 €.

Compartir por WhatsApp

Os libros Ensalada de letras reúnen lecturas breves para entreter os primeiros lectores, con textos variados e ilustracións de diferentes estilos.

Este libro propón a lectura de numerosos textos literarios e doutras tipoloxías textuais. En cada unidade aparecen sete tipoloxías diferentes, entre as que hai narracións, poemas, cómics, obras de teatro, textos da vida cotiá e textos da tradición popular.  

As seccións que contén cada unidade son as seguintes:

1. A hora do conto: un conto de agora co encanto dos contos de sempre, para que te emociones, rías e penses.

2. Nenos coma ti…: nenos que rin, xogan, se aburren ou dan un concerto. Todo iso… en verso.

3. Superleo: un cómic protagonizado por Superleo, o león máis fachendoso da sabana. No seu superlibro atopa as solucións para todo. Por algo é o superheroe que mellor le: un auténtico ‘león’.

4. Arriba o pano!: unha obra de teatro protagonizada por nenos. Non perdas esta oportunidade de converterte en actor ou actriz.

5. Dona Despistes: un divertido conto-xogo protagonizado por Dona Despistes, unha profesora moi despistada. Le con atención, fíxate no debuxo e descubre os seus despistes.

6. De dous en dous: adiviñas, trabalinguas, panxoliñas, chistes, cancións… que sabían os teus avós e que paga a pena lembrar.

7. O Mago Chas: un texto da vida cotiá do mago Chas, como instrucións para a variña máxica, menús, catálogos, receitas… e ata feitizos! Lecturas de todos os días cun toque máxico.

Despois de cada lectura inclúense preguntas sinxelas de comprensión lectora. Con iso, ademais de espertar o gusto pola lectura con textos adaptados á idade dos lectores, desenvólvense competencias como a habilidade de identificar e comprender textos de diferentes tipoloxías, a mellora da atención para poder adquirir coñecementos, así como a potenciación do razoamento lóxico como medio para interpretar e comprender mellor as situacións do contorno e como a mellor estratexia para atopar solucións.

@import url(http://ecat.gesm.net/CuteSoft_Client/CuteEditor/Load.ashx?type=style&file=SyntaxHighlighter.css);

También te puede gustar...

El equipo editorial de SM ha seleccionado cuidadosamente estos libros:

Lecturas. Ensalada de letras. 1 Primaria. Xerme.
20,36 
¡Libro añadido a tu carrito!
Los beneficios de esta compra se destinan a programas culturales y educativos 
de la Fundación SM.

También puedes comprar este libro en otras tiendas:

Librerías ceranas
Otras tiendas online
Elige tu tienda favorita para finalizar la compra
Los beneficios de esta compra se destinan a programas culturales y educativos 
de la Fundación SM.